viernes, 7 de febrero de 2014

Impresoras 3D

Cada día, descóbrense novas aplicacións para esta tecnoloxía que parece estar a revolucionar varias industrias. Dende a creación de próstese e implantes ata a impresión de filetes, as posibilidades parecen ser infinitas.

En realidade, o proceso de crear obxectos sólidos tridimensionais é máis sinxelo do que parece. Todo empeza cun concepto. Créase un "mapa" do obxecto a imprimir con axuda dun software de modelado dixital. O programa divide o obxecto en seccións para que lle sexa máis doado á impresora dixerir a información. Isto pode facerse na casa dende unha computadora, ou ben pódense descargar deseños pre-feitos en sitios como Shapeways, Sculpteo ou Thingiverse.

Posteriormente, o deseño é enviado á impresora 3D baixo a extensión de arquivo estándar STL (stereolitografía). Unha vez completado este paso, elíxese o material que se utilizará dependendo da impresora. Empréganse variedades de plástico, papel, goma e diversos metais, entre outros.

Finalmente, a impresora empeza a depositar o material sobre unha plataforma. Imaxina sobre montar rebandas de pan ata obter o pan enteiro. Algo similar sucede coa impresora; capa por capa, constrúe o obxecto de abaixo cara a arriba. Cada capa mide aproximadamente 0.1 mm, polo que se pode tardar horas, mesmo días, en completar o obxecto (dependendo da súa magnitude e complexidade).

Observa o funcionamento dunha impresora 3D no seguinte vídeo:



Imaxes de impresoras 3D:







Ligazón a unha páxina web: http://www.impresoras3d.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario